Curso de nivelación de ESO e Bacharelato verán 2026

Curso de nivelación de ESO e Bacharelato verán 2026

Información de cursos

Este verán de 2026 volveremos ofrecer o noso sistema exclusivo de clases de reforzo e nivelación para os cursos de ESO e Bacharelato. Este curso está pensado para estudantes que regresan de estadías no estranxeiro (por exemplo, Reino Unido, Irlanda, Canadá ou EE. UU.), ou estudantes que queiran reforzar conceptos para estar mellor preparados para o inicio do curso 26-27.

  • Sistema personalizado no que establecemos un plan de traballo para cada alumno, que dependerá do seu nivel base, das súas capacidades e do seu período de asistencia ao curso.
  • De luns a venres, de 9:00 a 14:30 h. Durante este tempo, o alumnado reforzará as materias que precisen con profesorado especializado.
  • Calendario flexible: cóntanos que semanas queres asistir ao curso, e deseñaremos un plan de estudos e un orzamento adaptado ás túas necesidades.

Calendario, horarios e prezos do curso de nivelación e reforzo de ESO e Bacharelato verán 2026.

Calendario

  • Data de inicio: 25 de maio.
  • Data de finalización: 4 de setembro.

Horarios

  • De luns a venres, de 9:00 a 14:30
  • Primeira quenda (Grupo de Ciencias): 9:00-11:30 horas. Trabállanse materias como Matemáticas, Química ou Física, entre outras.
  • Segunda quenda (grupo Letras e Humanidades): 12:00-14:30 h. Trabállanse materias como Lingua ou inglés, entre outras.

Prezos

O curso de nivelación e reforzo de ESO e Bacharelato para o verán de 2026 ten dúas opcións de prezos:

  • Se ven só por unha das dúas quendas: 295,00 euros por 4 semanas / 175,00 euros dúas semanas.
  • Se ves para as dúas quendas: 395,00 euros por 4 semanas / 225,00 euros dúas semanas.

Para estadías doutra duración pódese póñase en contacto connosco e faremos un orzamento específico, proporcional ás tarifas sinaladas.


Se queres estar ao día das últimas novidades sobre o noso colexio e as actividades que realizamos, visita o noso Perfil de Instagram ou bótalle un ollo ao noso blogue.